domingo, 20 de diciembre de 2009

asta café.


Vodka. Polas veas. Misturado con zume (pra disimular - e sí escribo pra -). Unha festa normal. Unha máis. Nada especial. Só que ti (sí TI) estabas aí. Pero nin siquera con maiúsculas vaste enterar.

E doe.
E escoce.
E queima.
ABRASA.

Pero ti ris, bailas, disfrutas.
¿Disfrutas?
Eu obsérvote, co medo co que se observa o prohibido. Dubido. Dubido se o vodka fixo o suficiente efecto. Secais dubido se fixo efecto de máis. Ti sigues a bailar. Eu tamén bailo. Por iso de non quedarse atrás (como se importase estar diante cando un é invisíbel)

E bágoas.
Ilóxicas.
Irracionais.
SEN SENTIDO.

Máis vodka!!

sábado, 5 de diciembre de 2009

malditos ingleses.


E dalle. E veña. E a joder. Veña. Continúa. Eu aguantarei aquí, impasíbel. Pero iso sí, logo non me pidas que sorría. Iso non. Deberías saber que os chaparróns estropean a cara.